sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

A mirada da arte póusase sobre as novas Xornadas Blanco Freijeiro

Ramón Rozas será o primeiro ponente
Ramón Rozas será o primeiro ponente
A biblioteca de Marín acollerá catro relatorios, que versarán sobre arqueoloxía, historia e cultura, así como unha visita guiada

Un dos actos máis relevantes na programación cultural da vila marinense cumple dezaseis anos e non o fai de calqueira xeito. Con nomes de peso no seu cartel, as Xornadas Blanco Freijeiro volven, un ano máis, para achegar aos veciños de toda a provincia aspectos relacionados coa cultura, a historia e a aqueoloxía.

Baixo o título A mirada da arte, nesta edición intervirán os historiadores Ramón Rozas e Xosé Carlos Valle Pérez, e os arqueólogo Carlos Rodríguez Rellán e Arturo de Lombera Hermida. Nos relatorios que impartirán, que terán lugar na Biblioteca Vidal Pazos ás 20.00 horas, desde o día 28 de novembro ata o 1 de decembro, falarase da efervescencia cultural do século XX, da importancia da arte rupestre galega ao aire libre, das inquedanzas artísticas dos nosos antepasados e da figura do Mestre Mateo. Ademais, o historiador Suso Vila dirixirá unha visita guiada á Igreza de San Bartolomeu de Tui.

As inscricións poden facerse a través da web do Concello ou no Museo Manuel Torres.

O HOME TRAS O NOME. Estes encontros culturais, ademais de procurar un intercambio de coñecemento, teñen unha dimensión moito máis profunda que ten que ver ca figura de Antonio Blanco Freijeiro, arqueólogo marinense finado en 1991.

Freijeiro residíu en Madrid durante longas tempadas da súa vida, pero nunca olvidou a súa Marín natal. Foi membro da Real Academia da Historia e director da Real Academia de Belas Artes de Roma. Cando finou, celebrouse un funeral no Templo Novo da vila marinense, que foi presidido polo mestre Filgueira Valverde.

O departamento de Cultura do Concello decidíu preservar o legado do arqueólogo achegando esta ciencia aos veciños da localidade, a través das voces dos máis reputados especialistas na materia. Pouco a pouco, outras artes e disciplinas foron gañando terreo nas xornadas, que xa cumplen dezaseis anos, e que pretenden crecer de cara ao futuro, incluso en espazo de tempo. O éxito de convocatoria que sempre colleitan revelan a inquedanza artística do pobo marinense, que non quere olvidar a súa propia historia.

A mirada da arte póusase sobre as novas Xornadas Blanco Freijeiro
Comentarios