Mirta Escudero: ''Na cociña entro no meu mundo e o resto, mentres pasa voando o tempo, desaparece''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Humidade, tanto polo bo, como é o olor da miña aldea que tanto me gusta, como polo malo.

P ¿Que quería ser de pequena?
R
Lembro unha época na que quería ser quiosqueira para comer todas as lambonadas posibles.

P ¿Unha película ou un director?
R
Tim Burton é o meu fetiche.

P ¿Unha comida?
R
Sería lóxico dicir algo doce, pero a tortilla de patacas é o mellor.

P ¿Un lugar para perderse?
R
Na cociña. Entro no meu mundo e o resto, mentres o tempo pa-sa voando, desaparece.

P ¿Como se comeza a interesar pola repostaría?
R
Sempre fun creativa: pinto, coso, fixen punto de cruz... Na repostaría atopei outra forma máis de expresar esa creatividade, e ata o momento é no que máis gozo.

P ¿Como nace ‘Dulcesentimiento’?
R
Foi grazas ao apoio e ánimo da miña parella, que ten unha web desde hai moitos anos, o que me facilitou moito o traballo. A idea é dar a coñecer o meu traballo, as miñas experiencias e a miña evolución nesta andaina.

P ¿Cal é a súa especialidade?
R
Creo que definitivamente son as galletas decoradas con glasa; polo menos é co que máis gozo.

Mirta Escudero Barahona

Nada en Lugo en 1986, é profesora de Infantil na Coruña e ten un blog (www.dulcesentimiento.com) sobre repostaría creativa, que se pode seguir en Facebook e Twitter

Na foto, de Victoria Fdez, mostra unha das súas creacións

Comentarios