O Goberno central vén de autorizar unha subvención para a creación do grupo operativo supra-autonómico denominado Aplicaciones y uso de Robótica en el manejo del Viñedo (Robodronvi), que, a través da Misión Biológica de Galicia, busca impulsar a aplicación da robótica, tanto aérea como terrestre, como ferramenta que facilite a toma de decisións operativas nas explotacións vitícolas.
Unha das finalidades disto é mellorar a competitividade, rendibilidade e sostibilidade do sector vitivinícola español.
O traballo en grupo, deste xeito, desenvolverase ata novembro de 2017 e iniciouse cun diagnóstico elaborado por todos os participantes sobre o estado actual das ditas tecnoloxías.
Unha vez posto en común, tomaranse decisións estratéxicas e conxuntas para elaborar un proxecto de innovación que se executará a partir do ano 2018.
A Misión Biológica busca impulsar a robótica nas explotacións vitícolas
Unha das finalidades é mellorar a competitividade, rendibilidade e sostibilidade do sector
