martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

Moraña recibe unha subvención da Xunta para restaurar o regato de Grixó

Firma dos convenios de Moraña e Campo Lameiro
Firma dos convenios de Moraña e Campo Lameiro
Campo Lameiro e Meaño asinaron dúas subvencións relacionadas coa mellora de infraestructuras

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asinou onte tres convenios de colaboración para a mellora de infraestruturas e servizos nos concellos pontevedreses de Campo Lameiro, Meaño e Moraña. O importe total dos convenios ascende a 76.446 euros.

Pazos Couñago asinou un convenio co municipio de Moraña a través da súa alcaldesa, María Luisa Piñeiro.

Moraña recibirá, por tanto, 30.000 euros para a execución de actuacións destinadas á conservación e restauración do regato de Grixó, un espazo natural destacado de gran valor ambiental e etnográfico, que agora verase revitalizado como zona de recreo para uso deportivo e lúdico dos seus veciños e visitantes.

Para a consecución de dito obxectivo, levaranse a cabo diversas actuacións, como o acondicionamento do camiño existente, a construción dunha pasarela de madeira, a mellora dos pasos existentes no rego ou a instalación de sinalización ao longo do paseo.

CAMPO LAMEIRO E MEAÑO. Trátase dunha iniciativa dentro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental que a Xunta puxo en marcha hai cinco anos. A súa finalidade é que, por primeira vez en Galiza, os concellos puideran beneficiarse das explotacións de enerxía eólica, grazas ao canon eólico.

Campo Lameiro e Meaño, pola súa banda, beneficiaranse de cadanseu convenio para a creación e mellora de infraestruturas vencelladas á prestación de servizos municipais.

A Xunta subvencionará con 20.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para a execución dun proxecto de abastecemento e depuración das augas no núcleo de Paredes, na parroquia de Santa María de Muimenta.

Meaño recibirá 26.446 euros para ampliar a rede de saneamento no lugar de Truvisquido e mellorar o abastecemento de auga en Quintáns e Iglesia, na parroquia de Simes. Ambas actuacións teñen como finalidade dotar dun servizo básico e demandado ás vivendas destes núcleos poboacionais.

As axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, FEADER, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Moraña recibe unha subvención da Xunta para restaurar o regato de...
Comentarios