Música e poemas pechan o ano Pintos

''A punto de poñer o punto e final ao Ano Pintos, só podo dicir que dende o Concello estamos moi contentos co resultado da programación levada a cabo na cidade e coa grande implicación dos cidadáns nas diversas iniciativas organizadas ao longo destes meses. A valoración é tremendamente positiva'', asegurou este mércores o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez.

Preto de celebrar os que serán os últimos actos en memoria do escritor do Burgo, Demetrio quixo mostrar a súa satisfacción tras alcanzar os obxectivos que se marcaron ao principio de 2011. ''Os nosos esforzos estaban encamiñados na posta en valor da figura de Xoán Manuel Pintos. A día de hoxe, dentro e fora de Pontevedra, temos a certeza de que o conseguimos''.

A este respecto, o concelleiro tamén destacou a participación dos cativos en numerosos obradoiros relacionados co autor, ''o que puxo de manifesto un maior coñecemento da vida e obra do autor de 'A Gaita Gallega'''.

(Máis información na nosa edición impresa do 8 de decembro).

Comentarios