Nahir y Alex conseguen reunir 20 millóns de tapóns para as súas terapias

A nena pontevedresa con parálise cerebral recibirá tratamento con Lokomat ata decembro
Nahir recibe terapia en Lokomat
photo_camera Nahir recibe terapia en Lokomat

En xuño a nai de Nahir pedía 20 millóns de tapóns para poder pagar o tratamento da pequena con Lokomat, un aparello que imita a marcha humana e que serve de terapia de rehabilitación para persoas con problemas de mobilidade. Catro meses despois, a pequena pontevedresa e a máis outro neno, Álex, de Vigo.

No caso de Nahir, esta era a segunda campaña que puña en marcha a Fundación Amigos de Galicia para intercambiar tapóns de plástico reciclables por tratamento. Así, a pequena levaba xa seis meses recibindo terapia no Instituto de Neurorehabilitación Quironsalud de Poio.

"Dio sus primeros pasos, se sienta como los indios, controla más la cabeza...", explicaba este viernes a súa nai a través do teléfono cando lle preguntaban pola evolución de Nahir neste tempo. De momento, a pequena ten pagado o seu tratamento ata o mes de decembro. Neste tempo traballará a mobilidade des mans, un aspecto no que precisa reforzo. "Tiene una terapia para mejorar el movimiento de las manos, porque está muy verde. La mejoría ahora va más lenta porque va consolidando los movimientos y perfeccionándolos", contaba Alejandra González.

Agora Amigos de Galicia lanza unha nova campaña para axudar a un neno que precisa axuda. Trátase de Alistair, que precisa fisioterapia e outros trtamentos. "Luego igual se vuelve a lanzar otra campaña para Nahir, pero todavía no sabemos nada. Lo que es importantísimo es que la gente colabore", conta Alejandra.

Comentarios