'The New York Times' cita a Currás ao analizar a corrupción en España

Outro que traspasa fronteiras nos medios é o alcalde de Santiago, Ángel Currás, ao que cita o prestixioso The New York Times nunha análise da corrupción en España, referíndose a el como Mr. Currás. Pero non é a única referencia a Galicia, xa que o xornal tamén fala do silencio de Rajoy na operación Pokemon.

O belén desafiuzado do cura Patiño chega ao xornal de Suíza ‘Lematin’

A última aventura do sempre polémico Luis Ángel Rodríguez Patiño, párroco das Pontes (A Coruña) e Xermade (Lugo), que montou un belén de Nadal co portal desafiuzado pola crise, traspasou fronteiras e chegou a Suíza, onde o xornal Lematin lle dedicou un espazo. Un emigrante tróuxolle un exemplar.


Un galego descubriu a relación de Bárcenas e Sanchís en Arxentina

E outra aventura con galegos máis aló das nosas fronteiras é a que supostamente protagonizou o xornalista Perfecto Conde en Arxentina no ano 1985, segundo Galicia Confidencial. Ao parecer, foi el quen descubriu “por casualidade” a relación de Bárcenas co empresario Ángel Sanchís, agora no epicentro da Gürtel.

Comentarios