¿Novas políticas no PP?

A semana pasada estivo cargada de noticias en torno á decisión de Rajoy de prescindir de Gallardón, algo censurado dende o seu propio partido; tamén dende o PSOE, con comentarios que, ás veces, teñen categoría de insultos.Pero o que está a encanalla-las soflamas parece ter, sobre todo, relación coa nova fichaxe do PP: a integración nas súas filas de Manuel Pizarro, o que fora presidente de Endesa: un tabeirón, según  Pepiño Blanco –posible ministro de Fomento socialista se o PSOE gaña os próximos comicios, según diversos medios—. Pero o valor de Pizarro está a ser reconocido dende moitos sectores, e o califican como gran xestor, como o home que soupo capitanear Endesa cando foi da OPA promovida contra a empresa, algo que a Artur Mas lle vale pra decir que os movementos do PP apuntan a unha maior radicalización e que poden ser malos pra Cataluña. O que parece claro é que, coa nova fichaxe, algo pode estar a cambiar nas quinielas prós comicios do 9M.
 Nas primeiras declaraciós, Pizarro –que tamén se define como ambientalista— motrouse como home de ideas claras, de discurso fácil, moi didáctico, e todos entendémo-lo que significa unha expresión como a de que “o diñeiro onde mellor está é no peto dos contribuíntes”, como tamén a calificación que del se fai no sentido de que entrou no PP pra servir ó partido antes que pra se servir a si mesmo; que ten un diagnóstico da economía máis axustado á realidade que non as recetas erráticas en uso, e unha vontade reformista certa e de amelloramento fiscal, algo polo que a sociedade pode apostar.  O nerviosismo parece ter calado no PSOE como consecuencia deste movemento de ficha do PP. E será bo vé-lo debate antre Pedro Solbes e Pizarro, proposto polo ministro socialista, aceptado polo candidato do Partido Popular, que está disposto a debatir con quen faga falta. I éso é importante.   
Apuntan algús que o home ten chegado no momento oportuno. E, neste sentido, Ignacio Camacho [ABC, 19.01.2008] afirma que o PP ten fichado a un home de enorme polivalencia; que pode ser vicepresidente económico, ministro político ou un xestor de responsabilidades do Estado, con madeira sobrada de portavoz parlamentario, matizando, ademáis, o que del xa se sabe: que entrou na escea como militante, disposto a suda-la camiseta, dito en términos deportivos, os que o propio home usou. Pretenden descalificalo por ser millonario, o que pode ser garantía dunha maior honradez, porque “no evanxelio liberal non está escrito que un rico non poida entrar en política coas recetas pra que calquer cidadán poida chegar a selo”, lembra Ignacio Camacho.  E ós ataques de Zapatero sobre radicalización do PP acaba de contestar Aznar ó decir que o Goberno español “ten os dirixentes de esquerda máis ultras de toda Europa”.  Os radicalismos, sempre malos.
Nos debates a promover na campaña hanse tratar temas de interese xeral nos que grandes sectores da sociedade son discrepantes dende hai anos. Examinado o fracaso da ensinanza; telumbrado que o que chega coa Educación prá Cidadanía é unha forma máis de alienación xa contestada ante a Xusticia, que se ten definido en diversas sentencias a favor dos alegantes, en Asturias e Andalucía, digamos que o PP propón asumi-lo modelo Sarkozy de Educación: máis calidade e disciplina pra reduci-lo fracaso escolar ó 10% en oito anos, porque hai estudiantes españoles que están á cola de Europa. Piden libertade contra o adoutrinamento de asignaturas como EpC;  unha maior e universal formación clásica do alumno; máis disciplina, porque a escola debe ser lugar prá transmisión de normas antes que de entretenimento; non discriminación, coa posibilidade de que a educación en castelán sexa sempre posible. A lingua familiar debe ser un dereito á hora de falar da educación dos estudiantes, traumatizados cando se lles impón un idioma distinto do por eles falado no eido familiar, decimos nós, cando non se valora a lingua lar. n

Comentarios