Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Núbebes sobre Pontevedra

Un espectáculo protagonizado polo boneco Roque, de Baobab, e os músicos Marcelo Dobode de Davide González abre o festival para bebés

Música para que as Núbebes cubran Pontevedra. O Festival de Artes Escénicas para Bebés e Familias de Pontevedra, Núbebes, inaugurouse este venres, nun ateigado Teatro Principal, cun espectáculo musical que reuniu sobre o escenario a un dos bonecos de Baobab (a compañía de teatro que coordina o evento), Roque, cos músicos Marcelo Dobode e Davide González.

Teatro, monicreques, contos e música mesturáronse nun show, aberto ao público, que serviu para darlle a benvida aos cativiños e ás familias e que conduciu, como vén sendo habitual, Andrea Bayer.

Le a información completa na edición impresa deste sábado de Diario de Pontevedra

Núbebes sobre Pontevedra
Comentarios