O martes Galicia queda nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente sur que traerán unha fronte ao remate do día. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa no interior e algún intervalo de nubes baixas.
Pola tarde, aumentarán as nubes polo noroeste e á noite chegarán as chuvias polo litoral atlántico. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
