''Nunca viví con miedo a los resultados y en las Europeas le tengo más miedo al escepticismo''

Achéganse as eleccións europeas e, con elas, a primeira cita electoral en Galicia que ten a Manuel Vázquez como secretario xeral do PSdeG.

P:
Que escenario detecta?

R:
Hai un escenario complexo, onde lle teño máis medo ao escepticismo, a non participación, que aos resultados. Corre un momento no que o desencanto, o paro e a situación económica inducen moito á rendición. E xogámonos o futuro para dous grandes modelos.

P: Que modelos?

R:
Un é o de Europa en coordinación co novo modelo estadounidense, que creo que debemos apoiar; e outro é o modelo dunha dereita retrógada que está dicindo unhas cousas horrorosas, como o despido libre.

A economía de mercado forma parte da nosa sociedade, pero a sociedade non é un mercado. Temos que constituir un modelo distinto de sociedade. Creo que esa será a clave do debate e nós confiamos en que nos vai apoiar moita xente nese proceso.

P:
Augura unha escalada do PP?

R:
Eu percibo que non, pero ao mellor non é alleo o que nos acaba de pasar en Galicia a nós. Cando hai crise, o goberno paga unha peaxe, pero cada día está máis claro que o PP non aporta unha solución. Eu creo que o PP está feliz con esta crise, porque ve na crise e na desgracia allea unha ferramenta para acadar o poder. Eu agardo que os cidadáns perciban iso tamén.

O peso dos resultados
P:
Logo virán as Xerais, as municipais... Os resultados porán en dúbida o seu liderazgo?

R:
Cando alguén asume un liderazgo pasa por taquilla, e cando hai eleccións tes que dar a cara, pero eu nunca vivín con medo aos resultados. Estou convencido de que faremos unha boa labor nas municipais, son as nosas, e imos traballar moito.

Temos dificultades no voto urbano e traballaremos moitísimo a estratexia específica, diagnosticando porque temos un pico de caída, que non é unha debacle. Faremos un grupo que traballe de xeito específico en estratexias urbanas, para afinar a nosa posta a punto.

Eu non teño a fórmula para recuperar a confianza dese voto urbán, pero traballaremos en serio. Estamos xa nas municipais, e todo o que faga o Partido Socialista en Galicia vai ser pensando tamén nas municipais.

Comentarios