O alcalde de Lalín volve poñerse de curto e gaña outra aposta correndo

Xosé Crespo, o alcalde de Lalín, está feito todo un atleta. E iso que xa é cincuentón. O outro día sobráronlle 48 minutos para gañar unha aposta: facer os 20,3 quilómetros que hai de Rodeiro a Chantada en tres horas e media. Había 300 euros en xogo, que irán para lalinenses con escasos recursos económicos.

O fillo de Marta Ortega foi bautizado na capela do pazo no que vive o avó
Amancio Álvarez Ortega foi acristianado nunha cerimonia íntima e familiar celebrada o pasado sábado na capela do pazo no que reside seu avó, o dono de Inditex, en Anceis (Cambre). Só asistiu medio cento de persoas. Marcelo Tejedor foi o que serviu o banquete, como xa fixera na voda dos pais do neno: Marta e Sergio.

José Blanco ten intención de ir nas listas para o Parlamento Europeo
Faro de Vigo entrevistou o pasado domingo a José Blanco. O ex ministro lucense dixo, entre outras cousas, que está estudando concorrer ás eleccións europeas “porque hai voces no PSOE que mo suxiren”. E agarda poder axudarlle a Gómez Besteiro e á nova dirección do PSdeG desde unha segunda fila.

Comentarios