O berro de Lilia

En 1917 houbo unha revolución en Rusia que cambiou a metade do mundo. Comezamos o ano falando da cultura xerada por esa viraxe na historia cunha reportaxe de Marta Veiga sobre cartelismo e unha análise de María Valcárcel sobre o cinema de Eisentein, unha recomendación ensaística de Javier Nogueira e un artigo de Xurxo Chapela. Na segunda parte do suplemento, alixeiramos o ton cunha achega de Nacho Mojón a respecto das súas preferencias turísticas, unha colaboración de Portorosa na que confesa o seu amor polo Nadal e un artigo longo de Antonio Costa Gómez, quen escribe sobre o referencial Chelsea Hotel e o barrio neioyorkino que o acolleu, o Village. Jaureguizar fala do campo co gallo da morte de John Berger.

Comentarios