O bisavó de Risto Mejide nacera en Padrón e o seu apelido era Meixide

Risto Mejide, publicista e showman televisivo, famoso polo seu espírito crítico, revela en Extra Voz: “Meu bisavó era Meixide e de Padrón. Díxomo meu avó. E na guerra castelanizáronlle o nome e apuntaron Meijide”. Risto tamén di que lle “encanta” e vén con frecuencia a Galicia, onde ten “moitos amigos”.

Romay Beccaría ocupa xa o posto de Fraga na Academia de Jurisprudencia
José Manuel Romay Beccaría, ex conselleiro e ex ministro, é novo membro da Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación. O actual presidente do Consejo de Estado foi elixido por unanimidade académico de número da institución. Ocupa o posto deixado vacante por Manuel Fraga Iribarne.

José Blanco lembra que ten cartas de Paco Vázquez nas que loa a ZP
José Blanco, a quen moitos ven xa na Eurocámara nun futuro próximo, láiase da “memoria selectiva” de Paco Vázquez. E ameaza con ensinar as cartas enviadas polo ex alcalde e ex embaixador no Vaticano loando a Zapatero. Agora pásalle como a Solbes, que se volveu moi crítico co ex presidente.

Comentarios