O BNG de Marín quere reconverter a Casa do Mar nuncentro cívico

Os nacionalistas presentaron onte unha moción na que demandan a utilización do edificio como casa da xuventude
O centro de atención sanitaria situado na Rúa Ezequiel Massoni
photo_camera O centro de atención sanitaria situado na Rúa Ezequiel Massoni

O grupo municipal do BNG aposta por reconverter a Casa do Mar nun centro para a xuventude e punto de atención dos servizos sociais. Os nacionalistas presentaron este xoves no Rexistro Municipal do Concello unha moción na que instan ao grupo de Goberno do PP a iniciar as xestións necesarias co Instituto Social da Marina para que o edificio da actual Casa do Mar pase a estar xestionado directamente polo Consistorio e se poida destinar a un centro social, do que a xuventude do municipio carece. A formación política tamén aposta porque neste mesmo lugar se centralice a atención dos servizos sociais municipais. 

Coa apertura inminente do novo centro de saúde na Rúa Francisco Landín levarase a cabo o traslado das actuais instalacións do edificio da Casa do Mar, propiedade do Instituto Social da Mariña e en uso até agora por parte da Xunta de Galicia. 

"A mocidade de Marín precisa dun centro cívico"

A agrupación local do BNG denuncia que a alcaldesa, nunha entrevista co conselleiro de Política Social, afirmou que "la Xunta es la que tiene el uso del inmueble y en el futuro también debe ser la Administración autonómica la que preste los servicios que se decidan en el caso de que se concreten las propuestas que venimos planteando desde el Gobierno municipal", facendo referencia á posibilidade de conversión da Casa do Mar nun centro de atención a persoas maiores. 

Os nacionalistas denuncian que "Marín non se caracteriza precisamente por contar con suficientes inmobles de propiedade municipal que poidan resolver as nosas carencias. A mocidade de Marín precisa dun centro cívico". Ademais, aseguran que a Escola Municipal de Música podería contar cun novo local máis espacioso que están a demandar profesores e alumnos e que o traslado dos Servizos Sociais a este emprazamento e faríaos máis accesibles.

Comentarios