Martes. 12.12.2017 |
El tiempo
Martes. 12.12.2017
El tiempo

O BNG denuncia o estado "deplorable" de abandono do Lago de Castiñeiras

Ornela Fernández, esquerda, e Luis Bará, dereita, no lago
Ornela Fernández, esquerda, e Luis Bará, dereita, no lago
Presentarán no parlamento a proposta dun plan de investimento

Luís Bará, deputado no Parlamento Galego, e Ornela Fernández, teniente de alcalde do municipio, visitaron o Lago de Castiñeiras xunto á Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, co obxectivo de denunciar o estado "deplorable" no que se atopa o espazo natural. Os nacionalistas sinalaron como culpable de esta situación á Xunta de Galicia, responsable por convenio da contratación, mantemento e promoción do parque.

Para Luís Bará, este abandono é especialmente palpable no estado de conservación dos espazos arbóreos e do mobiliario do parque, así coma na falta de limpeza do espazo. Ademais, o propio lago, un dos principais atractivos do parque, atópase prácticamente seco.

Co obxectivo de remediar esta situación, a formación nacionalista anunciou a súa decisión de presentar no Parlamento Galego a proposta dun plan de investimento na zona. Desta maneira, o BNG fai súa unha habitual reclamación das comunidades de montes dos municipios dos que forma parte o espazo, Vilaboa e Marín. De feito, o propio partido leva varios anos denunciando este incumplimento do convenio por parte da Xunta.

Bará considera de gran importancia esta actuación debido ó interese botánico, arqueolóxico e coma espazo de lecer do parque de Castiñeiras, e a súa ubicación céntrica no Morrazo e a provincia en xeral. A pesar de que a Xunta anunciou no seu día a intención de financiar iniciativas no lago, só se realizaron actuacións menores, considerando necesario un plan de investimento completo.

O BNG denuncia o estado "deplorable" de abandono do Lago de...