El BNG y armadores defenderán en la Unión Europea un nuevo acuerdo pesquero con Mauritania

Representantes nacionalistas e do sector manterán esta semana unha xuntanza co máximo responsable de Pesca
Na rolda de prensa deste martes, de esquerda a dereita, Xabier Aboy, Ana Miranda, Daniel Rodas e Pilar Blanco
photo_camera Na rolda de prensa deste martes, de esquerda a dereita, Xabier Aboy, Ana Miranda, Daniel Rodas e Pilar Blanco

Representantes do BNG e dos mariñeiros galegos en Mauritania anunciaron este martes en Marín que manterán unha entrevista ao máximo nivel na Comisión Europea de Pesca. A voceira do BNG en Europa, Ana Miranda, informou de que unha delegación do BNG reunirase este xoves en Bruxelas co máximo responsable de pesca europea, o director xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisión Europea, João Aguiar Machado. Na comparecencia estarán, ademais de Ana Miranda, o portavoz de Pesca no Parlamento galego, Daniel Rodas, e o xerente da Cooperativa de Armadores, Juan Martín Fragueiro.

Ao igual que sucedeu recentemente co sector do cerco galego, os cefalopodeiros poderán expoñer en primeira persoa ao máximo xestor da política pesqueira europea todos os seus argumentos a favor dun novo acordo con Mauritania que permita que os 16 buques galegos que quedan (despois da expulsión en 2012 dos caladoiros mauritantos) poidan volver pescar.

Ana Miranda: "Esperamos vir cunha decisión positiva e con información directa, porque non imos sacarnos unha foto"

"Esta reunión é para acadar un novo acordo pesqueiro, moléstanos que se estea a xogar co sector da pesca agora que chegan as eleccións", afirmou Ana Miranda en relacción coa viaxe da conselleira de Pesca á Bruxelas esta semana. "Esperamos vir cunha decisión positiva e con información directa porque non imos sacarnos unha foto, imos de man do sector a unha reunión que estamos esperando desde xullo", engadiu Miranda.

16 BARCOS. Pola súa parte, Daniel Rodas asegurou que a flota cefalopodeira está nunha situación de emerxencia despois da exclusión do acordo en 2012. "Aínda que quedan 16 barcos, están a malvivir en diferentes caladoiros. É urxente incluír a nosa frota no novo acordo. Hai alternativas incluso no caso de que as cotas de polbo fosen inferiores ás necesidades da frota e que pasan por habilitar modalidades de pesca demersal e crustáceos co fin de facer rendible a actividade pesqueira", indicou.

Rodas tivo duras palabras para o Goberno galego, ao que acusou de ir a Bruselas sen nen sequera consultar co sector.

O voceiro dos mariñeiros, Xavier Aboi, manifestou que "queremos ter frota, debemos ter frota e é imprescíndible mantela". "O sector cefalopodeiro galego é moderno e competitivo e está a ser liquidado co beneprácito de Europa e o consentimento de Madrid e do Goberno da Xunta. Non é admisible a pasividade do gobernos galego e español", indicou Aboi.

Comentarios