O CEIP Carballal de Marín recolle un premio da RAG por un traballo sobre Carlos Casares

A Academia galardoou a cinco centros galegos cos premios 'Contádenos o voso Día das Letras'
Alumnos do CEIP Carballal cantando o 'Casares-ton' no acto organizado pola Real Academia Galega
photo_camera Alumnos do CEIP Carballal cantando o 'Casares-ton' no acto organizado pola Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) fixo entrega este martes dos premios Contádenos o voso Día das Letras a cinco colexios galegos, entre os que se atopa o CEIP Carballal de Marín. O acto contou coa presenza de 90 escolares, así como do presidente da RAG, Víctor Freixanes, e da académica Fina Casalderrey.

Os estudantes marinenses interpretaron no salón de actos da RAG o Casares-ton, un reggaeton con letra do poema Amemos, do autor homenaxeado nas Letras Galegas.

Freixanes destacou que o acto supón "unha festa grande" porque "estamos a recibir dalgunha maneira o futuro, vós sodes o futuro da nosa lingua", dixo en alusión aos estudiantes galardoados.

Os premiados foron as comunidades escolares dos colexios de infantil e primaria Antonio Fernández López (Sarria), Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), o Plurilingüe Os Casais (Fene) e o Colexio Rural Agrupado Amencer (Ribadavia).

Comentarios