miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O compositor Arturo Gulías convirte nunha samba a música adicada a Ravachol

Leva toda unha vida compoñendo e moitos dos seus temas forman parte desde fai tiempo da cultura de Pontevedra, como o que creou en 1996 na honra do loro Ravachol. Agora, o músico e compositor Arturo Gulías quere rendir a súa particular homenaxe ao río Lérez coa gravación dun vídeo musical baixo o título de ‘Dous amores’. «Son dous amores: a ría de Pontevedra e o río Lérez, que se atopan tódolos días, un sube e outro baixe e se bican porque se queren moito; e ao final cásanse», explica Gulías.

(Pincha na imaxe para ver o vídeo aloxado na nosa páxina oficial de Facebook)

O tema estará cantado por Luis Queimada e Miel, voz da Orquestra Novo Estilo, creada polo propio Gulías hai anos. A rodaxe comezará a vindeira semana, cando o músico e o seu equipo graven un paseo en barquiña polo río, ao que, posteriormente, porán música. «Ao Concello lle gustou moito a idea polo tema da inauguración do novo paseo», asegura Arturo Gulías, aínda que salienta que non pecharon ningún trato con eles. renovación.

Ademais, Gulias volveu ser noticia estes días por ter composto unha música e un vídeo especiais para a tradicional canción do Ravachol, pero con ritmo de samba. E non era para menos, xa que os versos que forman parte do mítico tema de 1996 comezan dicindo aquilo de que «Na nosa vila ficou/un loriño do Brasil/ o seu nome Ravachol/ paroleiro e moi sutil». «A letra é a mesma que a de fai quince anos, só que aquela estaba grabada dun xeito moi rústico nunha cassette e se quedaba moi obsoleta. A novidade é que agora está cantada a ritmo de samba, está orquestrada e fixemos o vídeo», conta o compositor, que lembra que no seu momento se atreveu a facer un tema específico para o loro de Perfecto Feijoo porque «había que crear algo para el, non? non tiña nada adicado».

A ‘Samba do Ravachol’ está cantada pola cantante Miel, e o vídeo está rodado en pleno centro de Pontevedra, especialmente na Ferrería, onde o tan querido loriño é queimado cada ano. Ademais, as imaxes contan coa participación de coñecidas personaxes da cidade como o grupo The Black Stones, Luis Queimada, o poeta e artista Vladimir e varias mulleres do mercado de abastos, entre outros. «Todos eles participaron sen cobrar, porque lles apetecía. Por exemplo, os Black Stones nos deixaron o seu local de ensaio e Armando Guerra nos fixo a portada do DVD».

O compositor Arturo Gulías convirte nunha samba a música adicada a...
Comentarios
ç