lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

O Concello actuará na contorna do IES Torrente Ballester para mellorar a mobilidade dos peóns

Aparcamiento en el entorno del IES Torrente Ballester
Aparcamiento en el entorno del IES Torrente Ballester
Ampliaranse as beirarrúas e os cruzamentos da rúa serán elevados. As obras teñen un prazo de execución de catro meses

O Concello de Pontevedra actuará na contorna do IES Torrente Ballester para "mellorar a mobilidade peonil na zona, acadar un espazo público de calidade e potenciar o acceso peonil ao aparcadoiro disuasorio próximo ao centro de ensino". As obras previstas afectan ás rúas Herminia Fariña Cobián, Pintor Virxilio Blanco, Pintor Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall e Pintor Urbano Lugrís.  Terán un custe de algo máis de 241.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

O concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, presentou este venres o proxecto definitivo do que deu conta este xoves á veciñanza nunha xuntanza celebrada no instituto. O proxecto incorporou achegas da asociación veciñal. Os veciños fixeron unha última proposta: demandaron a colocación de lombos na rúa Pintor Urbano Lugrís que leva a aparcadoiro disuasorio próximo ao centro do ensino. 

Gómez explicou que á hora de redactar o proxecto houbo que ter en conta dous condicionantes: o intenso tráfico peonil da zona –especialmente na rúa Herminia Fariña pola que cada día, de luns a venres, soben e baixan 580 alumnos do IES Torrente Ballester– e o tráfico de saída desta rúa. 

En consecuencia, ampliaranse as beirarrúas, que no caso de Herminia Fariña obrigarán a deixar un único carril de circulación no 1º tramo que vai dende a avenida de Vigo á rúa Pintor Manuel Colmeiro. No 2º, ata a rúa Pintor Virxilio Blanco quedará de dobre circulación, de distribución de tráficos no barrio. Os cruzamentos da rúa serán elevados, a un único nivel. O obxectivo é que sexan os vehículos os que teñan que salvar o desnivel existente en vez dos peóns.

"Sacarase o trafico de paso cara o borde do barrio e restrinxirase a circulación ao tráfico de necesidade" sinalou Gómez.

O Concello actuará na contorna do IES Torrente Ballester para...
Comentarios
ç