O Concello de Ponte Caldelas actualiza o sistema de envío de mensaxes aos veciños

A aplicación ‘Tokapp Shool’ permitirá transmitir información aos cidadáns a través de táblets, smartphones ou ordenadores

O Concello de Ponte Caldelas pon en servizo a aplicación ‘Tokapp Shool’, un sistema que permitirá aos veciños da vila enviar mensaxes sen límite de caracteres a través dos seus ordenadores, táblets ou smartphones. Para poder facer uso desta ferramenta será necesario darse de alta nas dependencias municipais.

Este novo sistema irá paulatinamente substituíndo ao actual, baseado nos SMS que era moito máis caro e limitaba o uso a un máximo de tres mensaxes mensuais, a moi poucos caracteres, e tiña un custe superior aos 2.000 euros anuais. Esta nova aplicación, de descarga gratuíta e instalación intuitiva e moi sinxela, permite enviar todos aquelas mensaxes que se precisen, sen límite de caracteres, e pode incluir imaxes e vídeos. O investimento é de 600 euros.

Comentarios