El Concello de Vilaboa fumiga seis nidos de avispa velutina

Seguen mellorando no sistema de drons para encargarse deste tipo de traballos e espérase que o próximo ano se dispare a presenza da praga
Un técnico da empresa especializada na poda en altura retira un niño de vespa velutina
photo_camera Un técnico da empresa especializada na poda en altura retira un niño de vespa velutina

O Concello de Vilaboa encargouse este luns de actuar sobre seis niños de velutina que estaban a máis de 30 metros de altura, segundo explicou o edil de Medio Ambiente, Francisco Costa: "Realmente non os estamos retirando, senón que procedemos a fumigalos porque moitos dos insectos están fóra durante o día e a idea é que cando volvan se intoxiquen e acaben morrendo". Costa tamén indicou que máis tarde valorarase a idea de retirar os niñeiros, aínda que "cabe a posibilidade de que estes acaben caendo co tempo".

Os traballos, que comezaron ás 08.00 e remataron ás 15.30 horas, foron realizados polos membros dunha empresa especializada na poda en altura, que se axudaron de diversos arneses e cordas para subirse ás árbores: "Foi sorprendente, fumigáronse os seis niños dunha forma moi áxil. A experiencia coa organización foi boa e, economicamente, compensa".

Anteriormente xa se chegaron a retirar 35 niñadoiros de dez e doce metros: "Dos seis que fumigamos o lunes, había algúns que alcanzaban os 40 metros e un deles xa se fumigara cun dron, pero este sistema aínda precisa que o evolucionemos. Ademais, o tempo bótasenos enriba, polo que decidimos decantarnos por esta empresa". Tal e como explica Costa, era vital actuar rapidamente, xa que as vespas velutinas comezarán a abandonar os niños grandes para facer outros novos e así pasar o inverno neles. "Calculo que acabaremos a tempada con 50 casos porque agora, ó caer as follas das árbores, van aparecer moitos máis que non estaban localizados xa que non se vían".

Comentarios