O corazón do editor Bieito Ledo xa volve latexar cunha forza renovada

De El Correo: “Ten miles de amigos, pero a ningún lle comunicou o que lle sucedía. Só á súa dona e aos fillos, que se trasladaron de Madrid a Vigo para estar ao seu carón, sobre todo cando o interviron para incorporarlle unha válvula. Agora o corazón de Bieito Ledo (Ir Indo Edicións) está como do trinque”.

O galego Manuel Barros cesa como xefe de seguridade da Casa Real

De Faro: “O coronel Francisco López Requena é o novo xefe de seguridade da Casa Real no canto do xeneral Manuel Barros Vales, natural de Tomiño, que levaba 30 anos na institución e 14 no cargo. Barros, que estivera destinado en Figueirido, deixa o posto tras ascender a xeneral de división”.

Pablo López Isla, cuarto executivo do Ibex 35 que máis diñeiro gana

O número dous de Amancio Ortega e pesidente de Inditex, Pablo Isla, foi con 9,41 millóns o cuarto executivo mellor pagado o pasado ano de firmas do Ibex 35, tras Julio Linares (Telefónica, 33,33), Joaquín Ayuso (Ferrovial, 10,35) e Ángel Cano (9,67). O quinto posto foi para Sánchez Galán (Iberdrola, 9,21).

Comentarios