sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

O estaleiro de Purro abrirá durante a Festa do Polbo

Aspecto do estaleiro trala súa futura reconstrución
Aspecto do estaleiro trala súa futura reconstrución
O edificio poderá ser visitado antes da súa ansiada rehabilitación

A Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais mantivo o pasado mércores unha reunión con representantes do Concello de Bueu para buscar liñas de acción conxuntas para promocionar a súa actividade. Unha das propostas que se levarán a cabo é a de abrir ó público o estaleiro de Purro durante o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, que coincide coa Festa do Polbo.

Mañá tera lugar unha visita de recoñecemento deste edificio, situado en Banda do Río. Os técnicos do Concello buscarán posibles problemas estruturais que necesiten ser reparados antes de permitir a entrada ó público. En caso de non haber ningún risco organizaranse visitas explicativas nas que se poderá observar o estaleiro antes de que chegue a súa ansiada rehabilitación.

RENOVARSE E MEDRAR. Tamén se falou de posibles cambios no Encontro de Embarcacións Tradicionais para facelo máis atractivo, como organizar paseos nas propias embarcacións ou amarralas na praia de Banda do Río para que estén máis preto dos que desexen velas. Outra posibilidade que queda aberta é a de conseguir que Bueu sexa a sede do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

A Asociación de Alfombras de Corpus de Bueu tamén lle achegou novas ideas ó concelleiro de Cultura, Carlos Eirea, como a de cambiar a alfombra vermella por unha floral en futuras edicións do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

O estaleiro de Purro abrirá durante a Festa do Polbo
Comentarios