O exorcista da diocese Tui-Vigo solicita ao bispo a súa xubilación

De Atlántico Diario: “Ignacio Domínguez, párroco de Sabarís, é aos seus 78 anos o único exorcista de Tui-Vigo. Tras 15 anos nesta función, solicitou ao bispo a súa xubilación e agarda a remuda para seguir só co traballo na súa parroquia. Di que hai semanas que expulsa dúas ou tres veces o maligno a posuídos”.

Bágoas dunha edila de Santiago tras falar co ex alcalde Conde Roa

A escena sucedeu xa hai uns cantos días nun hotel compostelán. Nunha mesa da cafetería estaban o ex alcalde Gerardo Conde Roa, o ex concelleiro Albino Vázquez e a edila Amelia González. Falaron en animada charla un cachiño. E cando se foi Conde Roa, ela quedou chorando. ¿Algunha mala nova?

Sito Miñanco pide a condicional a fin de traballar nunhas bateas

De El País: “Dous anos despois de que se lle concedese o primeiro permiso carcelario, o narcotraficante José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, xa se prepara  para obter o terceiro grao. Presentou para iso un contrato laboral indefinido para traballar como operario nunhas bateas”.

Comentarios