O galego Francisco Campos, un firme candidato a presidir RTVE

Segundo El Confidencial, o galego Francisco Campos é o ''candidato favorito de Rajoy e do clan galego'' para presidir RTVE. O que fora doce anos director xeral da CRTVG, actualmente profesor de xornalismo, chega avalado pola súa brillante traxectoria profesional. Tamén gustaba Bieito Rubido.

Carlos Negreira é o alcalde máis valorado das cidades para ASCA

De Galicia Diario: Carlos Negreira, ''o da Coruña, é o alcalde mellor valorado seguido do xa ex rexedor de Santiago Conde Roa e do nacionalista Lores (Pontevedra). Orozco é o faroliño vermello. O de Ferrol ocupa a cuarta praza; o de Ourense, a quinta; e Caballero, a sexta. Son datos da enquisa de ASCA para Radio Líder''.

Elena Moreno: do Celta de básquet a dirixir a Academia da Ertzaintza

Na contraportada de onte de El País, Elena Moreno Zaldíbar, actual máxima responsable da Academia da Ertaintza (Policía vasca), recordaba con cariño o seu pasado como xogadora de baloncesto do Celta de Vigo e da selección española. Cando rematou a súa carreira deportiva, aprobou unhas oposicións e xa ven.

Comentarios