Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

O galego somos todos

Edición deste ano do Correlingua, celebrada en Ribadeo
Edición deste ano do Correlingua, celebrada en Ribadeo
A edición do Correlingua de 2016 na comarca da Mariña celebrarase o vindeiro 5 de maio en Burela. O Concello enviará aos centros participantes información turística sobre o municipio

A edición do Correlingua 2016 xa botou a andar baixo o lema ‘'O galego está en nós’', un verso dun dos poemas de Manuel María, un autor que participou nesta actividade e a quen se homenaxeará na vindeira edición.

No caso da comarca da Mariña, o lugar elixido este ano é Burela e a data o 5 de maio. Segundo explicou Dores Fernández Abel, o percorrido elixido para a andaina é dende a praia da Marosa ata a Praza da Mariña, onde se realizarán unha serie de actividades. No primeiro borrador dos actos está programa da a lectura dun manifesto e a actuación dun dos grupos gañadores do Cantalingua.

Cada ano participan nesta actividade uns 1.000 rapaces de centros de ensino de toda a comarca e aínda que o 5 de maio é o día no que se fan as actividades en grupo, ao longo do curso xa van traballando nas distintas propostas que lles plantexa a organización. Así para os máis cativos hai un concurso de banda deseñada -infantil e primeiro ciclo de primaria- e os maiores -segundo ciclo de primaria e institutos- poden participar no certame para elixir o manifesto que se lerá despois en todos os Correlinguas de Galicia. Ademais convocase un concurso de vídeos arredor do galego.

Os rapaces tamén poden votar os seus grupos favoritos no Cantalingua, que busca promocionar aos grupos que cantan en galego. Así, os que queiran participar teñen que subir a súa maqueta á rede para que os alumnos dos centros participantes voten a súa favorita. "Os tres primeiros serán os que actúen en toda Galicia nas galas do Correlingua", precisa Dores Fernández.

Para esta edición, a organización xa conta coa colaboración do Concello de Burela. O alcalde, Alfredo Llano, avanzou que colaborarán "na organización e en todo aquilo que poidamos".

Asemade, Llano engadiu que dende o Concello enviarán información aos centros participantes sobre as cousas que se poden visitar en Burela, como o porto, as pinturas de Vila do Medio ou o barco museo, para que os cativos as coñezan "e lles queden ganas de volver e traer tamén as súas familias", dixo o rexedor.

O galego somos todos
Comentarios