O jazz volve ás rúas de Pontevedra con 'Last Minute Experience'

Shemekia Copeland
photo_camera Shemekia Copeland

PONTEVEDRA. O Festival Internacional de Jazz e Blues, un dos pratos fortes da programación de verán en Pontevedra, comeza hoxe coa inauguración do obradoiro Pontejazz, que impartirán ata o vindeiro venres no Antigo Conservatorio os músicos Philip Dizack, Eden Landin, Concoran Holt e John Davis.

Do mesmo xeito, a Street Band volve hoxe aos principais emplazamentos da cidade co 'Jazz pola rúa'. A primera quenda terá lugar a partir das 12.00 horas, pero a formación protagonizará outro percorrido de música en directo pola tarde (20.00 horas).

O primeiro dos concertos ao aire libre desta edición correrá a cargo de 'Last Minute Experience', liderado polo batería Carlos López. A actuación, con entrada de balde, celebrarase na Praza do Teucro a partir das 22.30 horas.

O Dru'n Bass, chillout, rock, funk con jazz de vanguardia son os principais estilos que marcan a personalidade deste proxecto musical.

Tamén hoxe pola noite, Yago Vázquez Trio protagonizará unha Jam-sessión no Centro Social En Pé (Sarmiento, 38).

Pola súa banda, Alberto Vilas Quinteto e Shemekia Copeland, dous dos artistas máis esperados desta cita, ofrecerán concertos o xoves e o venres, respectivamente, na Praza do Teucro e na Ferraría.

Xa para a fin de semana están previstas as actuacións de Paco Charlín, Eugene 'Hideway' Bridges.

Comentarios