O loro Ravachol convértese en actor

Pablo Gayo, Carlota Román, Gonzalo Caride e María Mera, onte, en Pontevedra. javier cervera-mercadillo
photo_camera Pablo Gayo, Carlota Román, Gonzalo Caride e María Mera, onte, en Pontevedra. javier cervera-mercadillo

«El loro Ravachol va a ser actor, será uno de los participantes en las escenas de El cubo de Rosa». Así o afirmou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, na presentación da curtametraxe dirixida por Gonzalo Caride e producida por Pablo Gayo. «El loro pontevedrés es un producto de márketing que nos está dando muy buen resultado con poco dinero», engadiu.

En ‘La increíble historia de cómo un cubo de agua destruyó un edificio’, que conta co apoio da Pontevedra Film Commission, participarán máis de 20 personaxes e grabarase en máis de 20 localizacións distintas, entre elas Pontevedra. Aínda que case toda a curtametraxe se desenvolve dentro dun edificio, tamén hai moitos planos exteriores, como a presentación da curta e varias escenas.

Neste sentido, o guionista e director aseguraba que os tres primeiros minutos da cinta se rodarán esta fin de semana en Pontevedra. Ademais, a curta metraxecontará con algúns planos aéreos da cidade de noite, entre eles das prazas da Ferrería e da Verdura e a rúa San Román.

Crowdfunding

Ademais, ‘El cubo de Rosa’ conta cunha característica novidosa con respecto á financiación. Primeiro rodarán os tres minutos iniciais da curta e despois grabarán o resto das escenas, isto débese a que queren lanzar unha campaña de crowdfunding para conseguir máis inversión, segundo indicou Gonzalo Caride.

«Estamos haciendo todo a base de gente a la que le interesa el protecto, le gusta y nos quiere ayudar. Es muy importante que a día de hoy haya personas que sigan apoyando la cultura», explicou.

Trátase dunha comedia coral, divertida e disparatada que o que busca é que a xente se ría e poida pasalo moi ben durante quince minutos.

Patricia Vázquez, María Mera, Manuel Millán e Sergio Pazos serán algúns dos actores que darán vida a algunhas das personaxes da historia, que se centra nunha muller de 50 anos chamada Rosa.

Comentarios