miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

O Monte Pituco únese á Rede do Patrimonio Galego

Vista de Marín desde o Monte Pituco, tamén coñedico como 'o balcón da ría'
Vista de Marín desde o Monte Pituco, tamén coñedico como 'o balcón da ría'
A Asociación Monte Pituco é unha das fundadoras do novo ente autonómico, que busca visibilizar as iniciativas dos colectivos locais

A Asociación Monte Pituco é a única agrupación marinense que forma parte das entidades fundadoras da Rede do Patrimonio de Galicia, conformada por 64 colectivos e que acaba de constituírse co obxectivo de traballar a prol da defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial.

Este é entendido pola rede como un dos principais activos sociais, identitarios e económicos da comunidade, así como un recurso estratéxico que debe ser conservado e transmitido ás vindeiras xeracións.

A función da rede será a de dar visibilidade e apoio ás actividades e accións dos colectivos que a conforman. No caso da Asociación Monte Pituco, estas iniciativas pasan pola organización de roteiros para dar a coñecer a riqueza cultural, natural e paisaxística de San Xulián. A entidade denuncia que, a pesar de que a parroquia conta cunha gran densidade de xacementos arqueolóxicos, "ten boa parte en situación de abandono e desprotección, agás os petróglifos de Pornedo, o Pinal de Caeiro e Sete Camiños, que se integraron no Espazo Natural Arqueolóxico dos Sete Camiños".

A actividade que ten a asociación marinense é moi grande, sempre en defensa da arte rupestre e do medio ambiente. Tal e como recorda a entidade, hai uns meses apareceron na zona da Carrasca tres grupos de gravados rupestres inéditos, xa en proceso de conseguir a catalogación de Bens de Interese Cultural. "Nós fomos unha das entidades que denunciamos que nesa zona outros xacementos sufriran unha grave agresión como consecuencia duns traballos de desbroce".

Este exemplo é un dos moitos que demostran o enorme activismo ambiental que hai no Monte Pituco. Esa andadura "servirá de axuda a outros colectivos agrupados na Rede de Patrimonio Cultural", alega a entidade. "Tamén nós nos nutriremos do resto de compañeiros para seguir avanzando na defensa deste territorio", engaden.

De cara a continuar coa mellora da protección patrimonial, a Asociación Monte Pituco aposta "por incidir na educación, tanto nos colexios e institutos como a nivel social".

O Monte Pituco únese á Rede do Patrimonio Galego
Comentarios
ç