O Morning Star únese ao Burla Negra no mar de rúas de Pontevedra

O barco dos ingleses e o do pirata pontevedrés Benito Soto. rafa fariña
photo_camera O barco dos ingleses e o do pirata pontevedrés Benito Soto. rafa fariña

PONTEVEDRA. Eran arredor das once da noite cando Pontevedra vivía un feito histórico. Os seus habitantes, divididos en corazón e en armas, protagonizaban xunto ao pirata da Moureira Benito Soto e a súa tripulación a contenda da abordaxe da fragata inglesa Morning Star.

A chuvia, que estivera presente dende a mañá, daba un respiro aos protagonistas da noite: os homes e mulleres dos mares.

A loita tiña lugar na céntrica Praza da Ferrería, onde se xuntaron os corsarios e os mariños ingleses, apoiados polos pontevedreses que os seguiron nos seus percorridos, dende a Praza de España e pola rúa Pasantería, respectivamente.

«Boas noites, Pontevedra. Chegou Benito Soto e ¡esta noite imos abordar o barco dos ingleses!», berraba o temido corsario a bordo da súa nave, que ía precedida por un esquelete xigante e un canón.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios