domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

O Museo de Pontevedra levará as súas exposicións a 26 concellos da provincia

PONTEVEDRA. Un total de 25 concellos da provincia de Pontevedra adherironse a un plan da Deputación provincial para levar as exposicións e actividades culturais do Museo de Pontevedra ós espazos expositivos de cada localidade dun xeito regular.

A deputada Ana Isabel Vázquez presentou onte esta iniciativa, así como o novo Catálogo web do Museo, que permitirá acceder, de xeito gratuito, a preto de 15.000 obras dos seus fondos.

Os concellos adheridos ó proxecto son, polo de agora: A Estrada, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, As neves, Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, Cerdedo, Forcarei, Lalín, Mondariz Balneario, Mos, Moraña, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponte Caldelas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Valga e Vilaboa.

Segundo asegurou Vázquez, con esta iniciativa, a Deputación quere dinamizar a vida cultural municipal de xeito que o Museo de Pontevedra actúe como catalizador dos esforzos da institución provincial por axudar ós concellos a manter viva a súa vida cultural, especialmente nesta época de crise na que resulta particularmente complicado.

Consiga AQUÍ la información completa

O Museo de Pontevedra levará as súas exposicións a 26 concellos da...
Comentarios
ç