miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

O papel dos centros de información á muller, a debate en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organizou este mércores unha mesa Redonda co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora este venres. Baixo o título 'Os Centros de Información á Muller, un recurso integral da atención ás mulleres', os profesionais que forman o centro de Información á Muller do Concello de Baiona: Elena Otero, que é a directora do Centro; Silvia Rodríguez, que é avogada; e Rosa Faraldo, que é psicóloga, abordaron dende un punto de vista multidisciplinar os recursos e accións que se emprenden dende os concellos para axudar ás mulleres vítimas de malos tratos.

A Deputada Marta Iglesias foi a encargada de presidir a Mesa Redonda. Na súa intervención tivo palabras de recordo para Cristina González, veciña da parroquia viguesa de Coruxo, que foi asasinada polo seu marido o pasado 11 de outubro, hai menos dun mes. Sendo a primeira vítima mortal da violencia sexista na provincia neste ano.

O papel dos centros de información á muller, a debate en Pontevedra
Comentarios