O partido de Mario Conde dá xa os primeiros pasos para estar o 21-O

Sociedad Civil y Democracia, o partido de Mario Conde, quere presentarse ás eleccións galegas. Así o decidiu a súa directiva, que “xa iniciou os trámites legais (nomear representante ante a Xunta Electoral) para asegurarse esa posibilidade”, di Faro. O día 15 saberemos se don Mario vai por Ourense ou Pontevedra.

Luis Rial ofrécese para facer radio de madrugada logo de deixar a RG

Luis Rial, que vén de cumprir 70 anos, quere seguir na profesión xornalística tras deixar a Radio Galega. A súa intención é compatibilizar o programa que ten en Correo TV cun espazo radiofónico de madrugada. Xa ofreceu os seus servizos a quen queira contratalo e está disposto incluso a facelo de balde.

Foise Sancho Gracia, un excelente embaixador de Mondariz Balneario

Ademais do galeguista Avelino Pousa Antelo, este agosto tamén se foi o actor Sancho Gracia, moi vencellado a Galicia, onde tiña casa, concretamente en Mondariz Balneario. “El sentíase galego”, dixo o seu amigo fonsagradino Julio Fernández, produtor de cine, moi afectado polo seu pasamento.

Comentarios