O Portal das Palabras escolle refuxiado como palabra máis destacada do ano

O Portal das Palabras escolleu refuxiado como Palabra do ano 2015. O termo foi elixido por ao redor de 1.700 persoas que participaron na iniciativa.

Segundo informa na súa web, refuxiado impúxose na fase de votación ás outras cinco finalistas (feminicidio, rechouchío, indignación, xihadismo e plebiscitario), as máis populares de entre as 170 que se xuntaron na primeira fase de propostas.

En segunda posición, con apenas doce votos de diferenza, sitouse feminicidio. O terceiro posto foi para rechouchío, termo cada vez máis presente grazas ás redes sociais.

Comentarios