O primeiro día de marisqueo remata con 4.000 quilos de ‘'xapónica’'

As mariscadoras estiveron sen traballar por culpa da toxina desde o pasado 31 de outubro. Volverán á ría o luns e o martes das dúas próximas semanas
Mariscadoras faenando en Lourido.
photo_camera Mariscadoras faenando en Lourido.

As mariscadoras volveron faenar onte na ría de Pontevedra, concretamente os traballos realizáronse na praia do Ameixal, no lugar de Lourido. En xeral, tratouse dunha xornada bastante satisfactoria, xa que se recolleron máis de 3.900 quilogramos de ameixa xapónica a uns prezos que oscilan entre 7,95 e os 10,90 euros, sendo o prezo medio de 9,17 euros. Unhas contías que, para este produto, son moi boas.

A cota que se fixou para a recollida foi de 12 quilogramos para a especie citada anteriormente, unha cantidade que soe ser superior ó normal, algo que se "puido deber a unha recompensa por estar tantos días sen poder faenar". Unha das mariscadoras explicou que a xornada se desenvolveu de forma grata: "A mañá foi moi boa, a xente acabou rápido e colleu a cota que estaba establecida".Ç

O luns e o martes das dúas próximas semanas volverán a traballar na ría, xa que son días perfectos para realizar o seu labor porque non terán marea. "Este mes, a verdade, imos cinco días, os outros tivemos a toxina. Tiñamos pedidos doce, pero cerrou o 31 de outubro por este problema e abriu o 17", engade. Para a campaña de Nadal aínda non se sabe nada, tres confrarías reuniranse o próximo 22 de novembro para fixar as xornadas de traballo: "Xa se verá cantos días pode haber marea, ademais doutros factores que hai que ter en conta". Durante este mes só se dedicarán a coller ameixa xapónica, "desde logo para a mesma hai cota, pero para a fina non, é a que escasea. Os prezos son bos, isto pode axudar a que se aumenten tres quilos de asignación".

"Os prezos son bos, isto pode axudar a que se aumenten tres quilos de cota nos vindeiras xornadas de traballo"

Asemade, o patrón maior da confraría de San Telmo, César Rodríguez, tamén confirmou que a primeira xornada de traballo foi moi beneficiosa, agora toca esperar ós seguintes días: "Esperemos que no haya toxina para fastidiar la campaña de Navidad". Recoñece que este ano hai máis produtos que na tempada anterior, pero todo depende dos prezos. Aínda así, explica que a situación foi empeorando co tempo e que anos atrás dispúñase de moita máis mercancía, polo que se conseguía un maior beneficio: "Ahora con lo que hay se intenta hacer lo posible. Si hay precios decentes, la campaña será igual o mejor. Antes, las mariscadoras disponían de unas cotas superiores a las que hay en la actualidad, a lo mejor había siete kilogramos de fina, cuatro o seis de berberecho y ocho o diez de japónica. En cambio, el año pasado fueron uno o dos kilos de fina como mucho, diez de japónica y no tenían berberecho. Ganábamos mucho más dinero", recorda.

DEPURACIÓN. Relacionado coa Ría de Pontevedra, o Partido Popular de Poio queixouse onte da "falta de interese do Goberno por atopar unha ubicación para a EDAR". O portavoz desta formación, Ángel Moldes, comentou que o Concello non "fai nada sobre o problema ambiental grave que sofre o noso municipio: a ausencia de depuración de augas nos lugares de Raxó e Samieira". De feito, Moldes móstrase sorprendido, posto que observa que a Administración non pon esforzo en resolver este problema.

Comentarios