O Real Club de Mar de Aguete apoia sen reservas a proposta de Portos

Porto e praia de Aguete. C.B.
photo_camera Porto e praia de Aguete. C.B.

MARÍN. A directiva do Real Club de Mar de Aguete manifestou onte o seu apoio incondicional á proposta presentada por Portos de Galicia para solventar a falta de abrigo no porto de Aguete, posto que consideran que esta é «totalmente razonable». Os responsables entenden que «la alternativa que se nos presentó es una opción razonable que constituye una importante mejora tanto para los usuarios del puerto como para los de la playa. Por eso, el Real Club Mar de Aguete la apoya sin reservas», comentaron.

Neste senso, o que contempla o organismo autonómico é prolongar o espigón actual cara o Leste preto de 160 metros e construír un contradique entre a praia e o mesmo porto. Con esta alternativa, o porto contaría con dúas zonas de amarre diferenciadas, de tal maneira que aquelas embarcacións que superen os seis metros de eslora fondearían ao abrigo do espigón norte, mentres que nunha paralela ao contradique sur, as embarcaciones de menor eslora botarían o amarre no seu interior.

Por outra parte, os responsables do club fixeron referencia á propia proposta que elaboraron e presentaron aos técnicos de Portos que estiveron presentes no encontro do pasado martes cunha comisión integrada por varios colectivos marinenses afectados polo proxecto e co Concello. «Presentamos en la reunión un esquema de otra propuesta que tal vez resulta también interesante, con la petición de que sea evaluada por los técnicos su incidencia sobre la playa, lo que se comprometieron a hacer», explicou a directiva.

O Real Club de Mar de Aguete espera que os demais colectivos asistentes á reunión acheguen canto antes a Portos de Galicia ás súas iniciativas razoadas, tal e como se estableceu no encontro e, tras a evaluación oportuna, Portos complete o proxecto sobre a alternativa definitiva para a súa posterior discusión pública, trámite ante Costas e Medio Ambiente e execución.

A directiva do ente deportivo espera que o proxecto sexa presentando canto antes e destaca que, no momento no que se faga público, «será apoyado por la comunidad, pues entendemos que redundará en un indudable beneficio para Marín y muy especialmente para los vecinos, comerciantes e industriales de Seixo, así como para los usuarios de la playa y del puerto». Mar de Aguete considera que «la presencia de este puerto mejorado posibilitaría el ordenamiento de la ensenada, disminuyendo el número de fondeos, racionalizando su distribución y alejándolos de la playa».

REUNIÓN URXENTE

O BNG de Marín acaba de solicitar unha reunión urxente da Xunta de voceiros co obxectivo de que a alcaldesa da localidade, María Ramallo, dea conta das intencións do organismo autónomo Portos de Galicia ao respecto da posible intervención no Porto de Aguete.

A voceira municipal, Pilar Blanco, sinalou onte que o grupo nacionalista tamén demanda a presenza dos voceiros de Portos nesa reunión: «O PP está actuando con total opacidade nun tema de ámbito municipal e nunha obra que, de facerse, tería impacto sobre un espazo público como é o porto e a praia de Aguete. Non é de recibo que se estea falando de presentar un proxecto ante Costas e Medio Ambiente e que nin a poboación en xeral nin os grupos políticos teñamos coñecemento do que se pretende».

O pasado martes, Ramallo tamén estivo presente na reunión que se mantivo entre unha comisión marinense e varios representantes de Portos de Galicia. Neste encontro, varios colectivos afectados polo proxecto que Portos pretende levar a cabo na praia de Aguete achegaron ao organismo autonómico diferentes propostas alternativas, que agora Portos deberá valorar antes de emprender unha actuación definitiva para solucionar a falta de abrigo no porto marinense.

CONTRADICIÓN

A representante da agrupación nacionalista de Marín indicou que «hai colectivos veciñais que xa manifestaron a súa oposición a calquera proxecto que afecte á praia de Aguete, e que tamén se dirixiron a nós e aos demais grupos políticos para informarnos da reunión celebrada entre eles e os representantes de Portos o pasado martes, á que tamén asistiu a alcaldesa, algo que aínda non fixo a máxima responsable municipal». Neste aspecto Pilar Blanco fixo especial fincapé, posto que considera moi grave que «as declaracións da alcaldesa contradigan o que afirman os diferentes colectivos», destacou a voceira do BNG.

Outro dos aspectos que resaltou a voceira do grupo local é que «máis preocupantes aínda son as declaración da señora Ramallo nas que chega á conclusión de que ‘hay que buscar algo asumible para todos, que perjudique a la playa en lo mínimo posible’». Blanco comentou que o BNG pregúntase cal é o mínimo posible para a alcaldesa da localidade marinense, «sobre todo tendo en conta a súa experiencia neste tipo de intervencións, como a anulación do Plan Especial do Porto que ela tramitou e no que aínda perduran os xuízos por mor dos recheos ilegais», recordou a voceira nacionalista.

Para o Bloque Nacionalista de Marín, o prioritario é «analizar os danos xa causados á praia de Aguete coas obras realizadas ata agora, tamén con resultados nulos á hora de protexer as embarcacións, tal e como se encargan de demostrar os temporais unha e outra vez», actuacións que o grupo local demanda na Xunta de voceiros, segundo asegurou Pilar Blanco.

Comentarios