O Salón do Libro pecha a súa edición 12+1 cunha emotiva homenaxe a Paco Martín

PONTEVEDRA. Paco Martín non puido recibir unha homenaxe máis familiar: a que se lle rendíu onte no acto de clausura do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ao que asistiron compañeiros de profesión e amigos do autor lucense.

A edición 12+1 pechaba as súas portas onte no Pazo da Cultura despois dun intenso mes de actividades adicadas á literatura, teatro, música e danza.

Cunha temática centrada nas supersticións, o salón de 2012 recibíu a visita de preto de 20.000 persoas, entre adultos e nenos, segundo informou a organización ao peche do espectáculo ‘Nubes’, de Aracaladanza, o derradeiro deste ano.

En 2012 o Salón nombrou autor homenaxeado a Paco Martín, que onte estivo acompañado por Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Víctor Freixanes e Xosé Neira Vilas, entre outros.

«Amigo, da gusto poderche amosar o noso cariño e a nosa admiración e declaro o meu orgullo de ser compañeiro de viaxe de tan boa xente. Así calquera», aseguraba Agustín Fernández Paz no seu discurso, que abríu o acto de homenaxe ao autor de ‘Das cousas de Ramón Lamote’.

Seguiulle Xabier P. Docampo, que salientou que a obra estrela de Paco Martín «está para abrir o camiño dunha literatura infantil e xuvenil coa esixencia literaria que haberán de procurar en diante os autores que viñeron despois».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios