O evento reúne os principais concesionarios

O terceiro Salón da Mobilidade e do Motor converterá a Pontevedra en epicentro do sector

O Recinto Feiral aumenta a oferta do seu certamen da automoción cunha fin de semana adicada a vehículos novos e outra a turismos de ocasión ►Todos os coches pertencen a concesionarios oficiais da comarca pontevedresa
Asistentes a una de las jornadas del certamen durante el pasado año
photo_camera Asistentes a una de las jornadas del certamen durante el pasado año

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá a vindeira fin de semana e a seguinte (29-30 setembro e 1 outubro, e 6-8 de outubro) a terceira edición do Salón da Mobilidade e do Motor Móvete, que contará coa exposición dunha vintena de marcas de automóviles, todas de concesionarios oficiais da cidade.

A iniciativa será semellante aos anteriores salóns do automóvil da cidade e de toda Galicia: unha feira de compraventa, na que se asomarán as principais novidades das marcas en vehículos novos. Os potenciais compradores poderán beneficiarse, ademáis, de descontos exclusivos da feira.

A singularidade deste salón pontevedrés é ser o único de Galicia que inclúe expresamente todos os aspectos relacionados coa mobilidade sostible. Esta diferencia pretende destacar o papel de Pontevedra neste aspecto, como mellor exemplo da mobilidade urbana de Galicia.

BICICLETAS ELÉCTRICAS E SEGWAYS

Ademáis do principal atractivo do salón, os automóbiles, haberá stands de bicicletas eléctricas, segways e moto bikes, así como de aseguradoras, empresas de lunas, e empresas de iluminación urbana como a pontevedresa Setga, que mostrará os seus novos deseños.

FÓRMULA 1 DA UNIVERSIDADE DE VIGO

No Salón mostrarase a Fórmula 1 Uvigo Motosport, que fabrican os estudantes de Enseñería Industrial de Universidade de Vigo como proxecto académico. Este ano presentaron o seu terceiro prototipo, co que tamén participarán na competición europea de monoprazas Fórmula Student.

RALLYS

Igualmente, será un punto de encontro co sector dos rallys pontevedrés, coa presencia das Escuderías locais, e tamén se exporán varios coches de rallys.

ACTIVIDADES PARALELAS

Os visitantes da feira poderán tamén entreterse cun scalextric xigante de 30 metros cadrados, e un mini circuito de seguridade vial con coches a pedais para os máis pequenos.

Deste xeito, o Recinto Feiral acollerá, do venres 29 ao domingo 1 de outubro a exposición de vehículos novos e do 6 ao 8 de outubro a de ocasión, en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas o sábado e domingo (os venres, de 16 a 20.30). A entrada custará dous euros e será gratuita para os menores de 16 anos.

Comentarios