Once cursos de formación para mellorar a inserción laboral da mocidade pontevedresa

O Goberno local presenta unha nova edición de 'Pisando Forte', unha iniciativa para mellorar a empregabilidade
Alberto Oubiña, presentando o programa 'Pisando Forte'
photo_camera Alberto Oubiña, presentando o programa 'Pisando Forte'

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou este martes unha nova edición de Pisando Forte, co obxectivo unha vez máis de mellorar a empregabilidade e inserción laboral da mocidade pontevdresa.

►Consulte a información completa sobre Pisando Forte

No programa, que contempla o desenvolvemento de once cursos e seminarios, ofertaranse 424 prazas dirixidas a mozos de entre 16 e 35 anos, das cales 285 son da Escola de Igualdade.

Oubiña explicou os detalles do programa, cuxas solucitudes comezan este mesmo martes –en liña ou presencial– e finalizará uns días antes do inicio de cada curso.

Ditos cursos "están pensados para perfís integradores, de procura activa de emprego e cun cariz verde e sustentabel", especificou o edil de Xuventude, que tamén destacou que o emprego da lingua galega e a promoción da igualdade de xénero "estarán presentes de forma transversal en toda a programación".

Comentarios