Os 40 anos da despedida de Jacques Brel, no Táboa Redonda

O suplemento cultural estará nos quioscos este domingo

Ramón González lembra o cantante belga Jacques Brel, autor de Ne me quitte pas, ao cumprirse 40 anos da súa despedida musical. Camilo Franco comenta a decadencia de Don Juan Tenorio. António Luís Catarino lembra a Wenceslao de Moraes, o militar e escritor portugués que atopou o seu sitio no Xapón dos kimonos. Antonio Costa Gómez di que a literatura é o ceo protector tras unha estadía en Tánxer.

Ramón Rozas comenta Antiochia, o "poemario feito viaxe" de Tamara Andrés. Javier Nogueira fala sobre unha historia da monarquía británica do século XII. Portorosa recréase na súa paixón siberiá. Jaureguizar escribe sobre a influencia do urbanismo alexandrino en Lugo e dos seus encontros co escritor Paco Martín.

Comentarios