Os cemiterios xa están a punto para as visitas do Día de Todos os Santos

O Concello informatiza e mecaniza o servizo de camposantos, que lucen o seu mellor aspecto para as xornadas de honra aos mortos
Traballos de decoración floral nun camposanto
photo_camera Traballos de decoración floral nun camposanto

O departamento municipal de Cemiterios, que dirixe a concelleira Carme Fouces, enfronta un proceso de renovación e implementación de medios co fin de mellorar o servizo de atención ao público, as condicións de traballo dos operarios e a súa xestión administrativa.

Para acadar estes obxectivos se está traballando na implementación informática do servizo o que abrirá as portas a súa incorporación á sede electrónica.

Por outra banda comezou o proceso de mecanización con nove plataformas de aluminio para achegarse aos nichos máis altos e está prevista a próxima adquisición dunha maquinaria para levantar as lousas de pedra.

O proceso de renovación do servizo de Cemiterios non esquece a proximidades das xornadas de Todos os Santos e Defuntos polo que neste últimos días desenvolvéronse traballos de limpeza, poda e roza e de mantemento nos accesos e cemiterios municipais - San Amaro, Campañó, Bora, Ponte Sampaio e Lourizán- co fin de que todo estea en orde cara estas datas habituais de visita aos camposantos.

Ademais da posta a punto dos recintos implementouse o número de contedores de lixo pra atender as necesidades especiais destas xornadas. Á poda e roza dos accesos e perímetros dos cemiterios, sumouse o tratamento con herbicidas, o arranxo de pavimentos e grava e o adorno con flores dos camposantos.

Comentarios