Cheque-regalo en gasolina se non bebes

A Federación Española de Bebidas Espirituosas (Febe) regalou a 48 mozas cheques de 20 euros de gasolina por non beber durante a noite, segundo informou a agrupación.

Con esta iniciativa, levada a cavo na cidade de Lugo, Febe quere potenciar a figura do "condutor alternativo", é dicir que durante as noites de "marcha" unha persoa do grupo se faga responsable do coche e non consuma bebidas alcohólicas.

Para iso, premiou aos 48 mozos que deron 0,0 nos catro controis de alcoholemia aos que a asociación os someteu durante a noite do venres.

Estas actividades desenvólvense dentro dunha campaña para sensibilizar aos condutores chamada Noc-Quendas, que expón a posibilidade de que dentro do grupo de amigos se establezan quendas para que cada noite lle toque a un dos mozos do grupo ser o "condutor alternativo", segundo a nota.

A campaña recibiu o apoio do Concello de Lugo e do Instituto de Seguridade Viaria da Fundación MAPFRE. Ademais, nun dos lugares onde se realizaron as probas colocáronse dous coches accidentados para sensibilizar aos participantes do risco de conducir cando se consome alcol.

Comentarios