Os pementos de Padrón se venden máis ca empanada

Os furancheiros locais veñen de presentar unha solicitude por Rexistro, dirixida ao concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, para modificar a relación de tapas autorizadas, recollidas nun dos anexos da ordenanza reguladora.

A ordenanza de Pontevedra recolle cinco tapas autorizadas entre as 11 admitidas no Decreto que regula os furanchos en Galicia.

No escrito, remitido pola Asociación de Viticultores Val do Lérez, explican que celebraron dúas xuntanzas para aprobar, baixo votación secreta, cales serían as cinco tapas que poderían ofrecer. Na primeira escolleron táboa de embutidos-queixos, orella-chourizo, zorza-raxo, tortilla de patacas e empanada-empanadillas.

Nembargantes, na reunión de Louro cos furancheiros, na que se presentou o texto definitivo da ordenanza, xurdiron voces dalgúns que non tiñan participado naquela votación e que pedían incluír os pementos de Padrón, ao entender que teñen moita aceptación entre a súa clientela.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios