Pablo Crespo di en ‘Salvados’ que el repartiu sobresoldos no PP galego

Pablo Crespo, ex secretario de organización do PP de Galicia e número dous da trama Gürtel, díxolle a Jordi Évole en La Sexta que ten constancia de que no PPdeG había sobresoldos porque el mesmo os entregou. Incluso deixou entrever que un dos que o recibía non tiña barba, pero si chivo. ¿Palmou?


Unha médica de Vigo que traballa en Cataluña figura entre a elite dos MIR
De Faro de Vigo: “A doutora viguesa Mar Riveiro Barciela conseguiu un dos accéssits do Premio MIR Sanitas, único de esta natureza que existe en España que recoñece os médicos internos residentes que máis destacaran durante a súa formación especializada. O premio consiste en 3.100 euros en metálico”.

A orquestra ‘Alaska’ viaxa este mes en taxi ata Suíza e Liechtenstein
Toni Otero, de Muxía, e os seus compañeiros da orquestra Alaska están a facer miles de quilómetros este mes en taxi. A fin de semana pasada estiveron en Suíza, de onde regresaron para volver os días 16 e 17 para actuar ante a colonia galega de Liechtenstein. Xa estiveran o ano pasado e, como gustaron, recuncan.

Comentarios