Paco Vázquez quere ser Defensor del Pueblo pero hai unha muller...

O ex embaixador no Vaticano e ex alcalde da Coruña nunca disimulou que lle gustaría poñer o epílogo á súa vida pública como Defensor del Pueblo, un posto para o que chegou a haber certo consenso PP-PSOE. Pero agora a Francisco Vázquez xurdiulle unha candidatura alternativa, que é a dunha muller.

José Luis Rodríguez, substituto de Luis Pazos na Agencia Tributaria
Segundo sinalaba onte La Voz de Galicia, o padronés Luis Pazos Franco será substituído por José Luis Rodríguez como novo responsable da Agencia Tributaria en Galicia. Rodríguez procede de Lugo e antes estivera destinado en Canarias. Pazos, pola súa banda, seguirá na Coruña nun posto de responsabilidade.

José María Castellano faille gañar ata un 7,8% máis á compañía Ono
José María Castellano non só é o presidente de Novagalicia Banco, onde anda a buscar investidores. Tamén preside Ono, o maior operador de telecomunicacións por cable. Colleu a compañía cando pasaba apuros e agora xa leva tres anos con beneficios. En 2011 gañou 50 millóns, un 7,8% máis que en 2010.

Comentarios