Paz e Echávarri, con la medalla aún en el bolsillo

Quen pense que o da vela é cousa de 'millonetis', só ten que botar unha ollada a esta conversa para desengañarse. Antón Paz e Fernando Echávarri viven día a día, ao ritmo que lles marca o traballo. Os poucos minutos de tempo libre adícanos a disfrutar da natureza e da familia. E na maleta, nada de luxos. O esencial, un pulsómetro, e o máis barato, un cepillo de dentes. O resto, para uns deportistas sinxelos, aínda que de ouro, é prescindible.

Pregunta:
¿Como se entra no mundo da vela?

Resposta: (Antón Paz): Nacín en Madrid, onde vivín ata os 10 anos. Cando cheguei aquí ao meu pai picoulle a curiosidade polo mundo da vela, vivindo ao lado dunha ría como é a de Arousa, pero a o principio non me chamou moito a atención. Con 14 anos probei de novo nun barco de iniciación e xa me enganchei a este deporte e non parei de navegar.

(Fernando Echávarri): Había uns amigos dos meus pais que navegaban cando eu era pequeno, tiña 4 ou 5 anos, e levábanme con eles no barco. E xa con 7 anos apunteime nun cursiño.

P: ¿Cando deixa un regatista de marearse no barco?

R: (A.P.): Despois de levar dende os 14 anos navegando non me sucedeu nunca de marearme no mar. Nestes barcos non che da tempo a marearte, andamos sempre cerca da costa,  nos de vela oceánica sí. Pero en vela lixeira non.

P: ¿O peor trago que pasaron na auga?

R: (F. E.): Probablemente cando tivemos todos os problemas coa Movistar na anterior Vuelta al Mundo.

(A.P.): No 2003 din un golpe moi forte con traveseiro que une os dous cascos e ao chegar a terra déronme 18 puntos  na cara, cerca dun ollo e no queixo. Eu estaba tranuilo, non vira a vería que tiña na cara! Sobre todo porque continuamos 3 dias máis a regata. Foi moi duro, coa vendaxe e moi pouca mobilidade no cuello.

P: ¿E a maior decepción deportiva?

R: (A.P.): Nas Olimpíadas pasadas, o 3º día cando estabamos lotando pola medalla e tivemos a rotura do sistema do barco que sostiña a vela maior. Tivemos que retirarnos e perdemos todas as opcións polas que estiveramos loitando. Naquel momento foi bastante decepcionante pero despois sacamos os aspectos positivos daquela preparación.

Despois do Tornado
P: Por iso dicían que agora era o momento do ouro, que era o que lles faltaba por lograr?

R: (A.P.): Si, xa conseguimos todos os resultados aos que un deportista na nosa clase pode aspirar.

P: Se a clase Tornado deixa de ser olímpica, ¿vai ser a fin da parella deportiva Paz-Echávarri?

R: (A.P.): Seguiremos facendo proxectos xuntos e separados pero a relación que temos dende hai 10 anos vai facer que sigamos xuntos en proxectos de vela de cruceiros e doutro tipo de barcos. Aínda que non sexa en categoría olímpica, porque penso que vai ser moi difícil estar aí arriba, a nivel internacional, nunha clase que non sexa o Tornado.

P: ¿Paz e Echávarri poden ir xuntos de cañas sen falar de barloventos e sotaventos?

R: (A.P.): A verdade é que cando temos posibilidade de saír por aí despois de rematar unha regata, o que intentamos é falar o menos posible do traballo. Está claro que é ademais importante saber desconectar e nos momentos de lecer, de festa, desconectar do mundo que nos rodea o día a dia.

O sacrificio polo triunfo
P:
No podio, ¿é verdade que un se lembra de todo o esforzo ou pasa tan rápido que non dá tempo a pensar en nada?

R: (A.P.): É unha situación complicada de describir. A nós tocounos vivilo cunha desgracia grande en España, o accidente en Barajas, e era obrigado unha parte do tempo adicalo á traxedia e a outra parte sempre tes na cabeza toda a xente que nos apoiou dende o principio.

Si que é un pouco un flash de todo o que levas loitado os últimos anos e que se ve recompensado con ese triunfo.

(F. E.):  A medalla disfrútase dende o momento mesmo na que a gañas, pero o que pasa é que é todo unha locura. Ten moitísima repercusión social, vives nunha nube durante varias semanas.

P: Malia que o COI prohibira as sinais de dó, vostedes saíron recoller a medalla cun brazal negro. ¿Por que tomaron esa decisión?

R: (A.P.): Nós non estabamos en Pequín, senón en Quingdao, nunha villa aparte, só de vela. O certo é que non sabiamos desa prohibición. Ademais estiveramos media hora agardando a que deixara de chover para a ceremonia, todo o mundo tivo a oportunidade de ver ese brazal negro e ninguén nos dixo nada. Enterámonos de que foramos os únicos en levar o brazal ao día seguinte, cando chegamos a Pequín.

Un respiro
P: Un deportista que viaxa tanto, ¿que é o único que nunca falta na súa maleta?

R: (A.P.): Un pulsómetro, que é vital para controlar os meus adestramentos. E neste mundo das comunicacións no que vivimos, un ordenador, que me permite ter conexión direta coa familia e os seres queridos.

(F. E.): ¿O que nunca falta? Pois un cepillo de dentes!

P: ¿O resto é prescindible?

R: (F. E.): O resto... ás veces olvídome! (Ri).

P: ¿Que fan no tempo libre? Se é que lles queda algo...

R: (F. E.): No tempo libre apetéceme descansar, estar coa familia... Pero a realidade é que tempo libre non teño. Teño a sorte de, cando traballo, facer o que me gusta, e iso é moi gratificante; pero tempo libre apenas teño últimamente. En calquera caso , cando o teño adícoo o disfrutar da familia.

(A.P.): Ata o de agora moito tempo libre non tiven pero o que me gusta é, áinda que sexa un pouquiño masoca, saír ao mar, pero saír a divertirme. A relaxarse, non ter ningun tipo de ruídos nin de conexión coa vida cotiá. Gústame ademais porque agora non teño a oportunidade de disfrutar moito da nosa ría de Arousa.

Os máis festeiros de Pequín
P:
Da ceremonia de apertura dos Xogos o que destacaba é que os españois eran os máis 'gamberros' ¿De verdade que eramos os máis festeiros de Pequín?

R: (A.P.):
Nese aspecto a nós tocounos vivir a ceremonia por televisión porque estabamos en Quingdao, a 700 quilómetros de Pequín e desprazarnos alí significaba perder 2 días de preparación para a nosa competición.

Pero a nosa relación en China coa xente foi moi boa, encaixamos moi ben, as nosas cores son cores que dan boa sorte alí, levábamos unha marca de roupa, Li Ning,  que é china... Xuntábanse unha serie de factores que facían que encaixaramos ben alí e que a xente nos vira como o seu segundo país, case.

Tamén a nosa forma de ser, máis aberta, maís extrovertida, chamáballe moito a atención á cultura china.

P: Os Xogos, ¿disfrútanse ou estase tan concentrado na competición que non se decata un do que está a vivir?

R: (F. E.): A experiencia é  única. Xa a viviramos, levamos dez anos os dous facendo preparación olímpica. Só na Olimpíada podes vivir a intensidade de estar con outros deportistas e o reto personal de intentar gañar unha medalla olímpica, que é o soño persoal de todo deportista.

(A.P.): Nós comezamos a competición o día 15, pero é tempo para preparar os equipos e a competición. A verdade é que tes poucos momentos para desconectar. Nós faciamolo despois de cear, aproveitando para falar coa familia, para disfrutar do ambiente e dos outros deportes.Comparado coas anteriores Olimpíadas, ao estar tan afastados de Pequín non puidemos disfrutar tanto dese espírito olímpico.

P: ¿Que se fai cunha medalla na casa?

R: (A.P.): ¡Aínda non tiven tempo de colocala na casa! Sempre vai no peto ou na caixa que nos deron, todo o mundo quere ser partícipe de esa medalla, queren vela; e penso que todo o mundo merece tela nas mans. Agora que estou a voltas co meu piso novo, buscarémoslle un lugar onde nos poida recordar eses bos momentos.

(F. E.): Eu nin o pensei! (Ri). Por agora a medalla vai dando voltas por toda España, porque hai moitos actos aos que hai que ir coa medalla. No seu momento haberá que buscarlle sitio nalgún lado!


Comentarios