Pedro J. ve a Feijóo en Madrid e abre 'El Mundo' cunha entrevista con el

Pregunta de Esther Esteban a Núñez Feijóo en El Mundo: “¿O seu futuro político está en Galicia ou pasa por Madrid?”. Resposta: “O meu pasado estivo en Madrid. O meu presente está en Galicia. Teño contrato cos galegos ata 2017”. E dille ela: “Moitos veno como sucesor de Rajoy”. R: “Temos presidente para rato”.


‘El Correo’ premia como Galego do Ano a Carballo, man dereita do Papa

José Rodríguez Carballo, arcebispo de Belcastro, secretario da Congregación para os Institutos da Vida Consagrada e as Sociedades da Vida Apostólica, foi elixido Galego do Ano polo Grupo El Correo Gallego. Este ourensán, que será distinguido o día 24, era ata agora ministro xeral dos Franciscanos.

Besteiro, molesto cunha entrevista, sae en defensa da sanidade pública

José Ramón Gómez Besteiro, no seu blog: “Os socialistas estamos absolutamente en contra da xestión privada e da economía especulativa que a dereita está a crear cos servizos públicos”. Parece que non lle agradou nada unha entrevista de El País na que, en grandes titulares, se viña a dicir xusto o contrario.

Comentarios