Pedro Rey: ''Fácilmente paso de 1.000 objetos sobre Tintín y tengo más de 250 libros de/sobre él''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Paraíso.

P ¿Como xurdiu a idea dun blog sobre Tintín?
R Paso o día diante do ordenador e non era capaz de atopar webs onde se recollese a actualidade sobre Tintín ou onde se fixesen estudos ou pequenas investigacións, por iso me decidín a facer eu mesmo ese traballo.

P O seu blog é todo un referente sobre o personaxe en lingua castelá. ¿Cantas visitas diarias ten?
R Cando colgo algunha entrevista como a última a Julián Hernández, podo chegar a máis de 1.000; pero é raro que baixe de 250-300.

P ¿Cantos cómics/obxectos sobre Tintín pode ter?
R Pois moitos, máis dos que debería. No apartado de Mi colección faltan moitísimas cousas que non son quen de catalogar ou engadir. Facilmente paso de 1.000 obxectos. En canto a libros de/sobre Tintín, teño máis de 250.

P ¿O seu obxecto máis prezado?
R A maqueta do Unicornio que merquei o ano pasado e que teño que ter gardada na caixa polo seu gran tamaño, e os dous exemplares do Medallón: os primeiros que se fixeron en castelán en 1952 e que é dificilísimo conseguir.

Pedro J. Rey Sanchiz

Nado en Vilagarcía en 1974,  licenciouse en Economía

É o director da Oficina Web da Universidade de Santiago

Con seis anos leu por vez  primeira unha aventura de Tintín e comezou a afección

Ten o blog máis importante sobre o personaxe de Hergé en castelán: Pedrorey.com

Comentarios