Lunes. 20.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 20.05.2019
El tiempo

Pensar

Unha película que ten algo de cativador e algo de querer ensamblar cousas difíciles de encaixar. Ten momentos realmente emotivos sen caer no recurso doado do melodrama, aínda que tamén pasa por espazos narrativos que parecen buscar máis a compracencia do público que a verosimilitude. Con todo, é un filme que engancha e establece unha empatía importante cos protagonistas, que fan un sólido traballo. Ao final, deixa unha reflexión, que xa é moito deixar, como é a procura de camiños diferentes aos usuais; camiños, por veces desesperados, para atopar a felicidade; camiños para combater a soidade, para combater o baleiro dunha existencia que, en demasiadas ocasións, se presenta terrible. Merece a pena ver unha película así, para logo seguir pensando.

Pensar
Comentarios